martes, 2 de diciembre de 2008

PRESENTADO EN EL AYUNTAMIENTO DE RIBADEO EN NOVIEMBRE


Sen convenio colectivo, sen acordo de persoal.

Despois dun convenio altamente discriminatorio para a maioria o Alcalde ven convocando a Mesa de Negociación para aprobar o Presuposto e coa disculpa de que non ten cartos vai alargando a negociación e para ser xustos no proximo convenio encargase a elaboración da Relación de Postos de Persoal a Universidade de Santiago e ante a nosa sorpresa coa elaboración deste Orzamento Municipal fai él mesmo a valoración de determinados postos
.
A falta de cartos que esgrime non existe para as subas nos soldos dos políticos ou para viaxes institucionais e poderán dicir que estas cantidades non son significativas, menos significativas serían as que servirán para paliar a discriminación existente, máxime nunha época de crisis como a que estamos a vivir.

Preguntamonos por qué os postos de traballo de axuda a domicilio no piso tutelado con subvención fixa por parte da Consellería de Benestar,un deles ocupado pola Delegada da CXT no Concello, obtidos mediante concurso cumprindo os criterios de “igualdade, mérito e capacidade” son discriminados con respecto a outras prazas de axuda no fogar que pasan a ser fixos de empresa., postos asinados no ano 1999 “por contrato ou servicio determinado” que se consideran prorrogados por tempo indefinido.

Facemonos tamén a pregunta de por qué postos baixo subvención de carácter discontinuo, con contrato de renovación anual, e parcial (80 % no 2008) que entraron co equipo de goberno anterior, un deles da Delegada de Persoal pola CIGA, postos cun coste maior para o Concello e que sendo un posto de Técnico de Emprego (catalogada en moitos lugares como grupo B, agora A2) eiqui xa parte como grupo A

A publicación desta RPT no Taboleiro de Edictos deste Concello non tivo lugar. Tampouco se nos deu traslado ós Sindicatos.

SOLICITAMOS

A ANULACION DA RPT publicada no BOP Núm. 222 por considerarla lesiva ós dereitos dos traballadores, discriminatoria e anticonstitucional.



SR ALCALDE DO CONCELLO DE RIBADEO