Directiva da AVV O Tesón, en relación coa aplicación en Ribadeo do Plan Sectorial Galego de Solo Residencial e as modificacións a contemplar no futuro, considera que, entre outros puntos, o Plan debe recoller: a) o respecto á propiedade. Non se pode pensar en facer a imposición dunha expropiación xa de principio, comentando que se non se vende, exprópiase. E resulta curioso que se pretenda pola administración unha transferencia de solo moi particular: dende os actuais propietarios, solo privado, que xa se adiantou que pode ser expropiado para que pase a ser público, e logo, a unha empresa privada para o seu desenvolvemento a instancias públicas.b) a necesidade de consenso social. O plan non foi consensuado. Non se contou para nada co pobo, e pola análise da documentación, diríase que tampouco co entorno e o espazo dispoñible. Un plan para Ribadeo non se pode facer dende unha oficina non se sabe ben onde.c) a revisión da estrutura final para asegurar servizos (como por exemplo unha entrada adecuada) ás zonas previstas. Polo momento, non se di en ningún sitio como se pretende solucionar o tema.d) a necesidade dunha tipoloxía de vivenda acorde co entorno. O plan non fala moito diso. Non fala nada. Que vivendas se pretenden como tipo? Que adaptación van ter ó entorno onde se prentede instalalas? Temos visto en moitas ocasións que tal adaptación sinxelamente non existe.e) a salvedade previa a calquera xestión, de que hai que paliar un descoñecemento do tema na poboación. Desinformación? Non, nin iso, sinxelamente, unha volta máis por parte da administración, a falta total de información. Baste como exemplo da mesma que o documento base do plan nestes momentos, en internet, deixa acceder a 50 páxinas de presentación para a área funcional de Ribadeo e só un a plano/foto aérea na que é cando menos difícil poder ver os límites que se pretenden do chan afectado. Pola vila circulan rumores de todo tipo sobre o que afecta e o que non, as modificacións que xa tivo dende a súa 'presentación', os permisos que agora se concederían e os que non se concederon no pasado (mesmo con sentencias xudiciais enfrontadas á concesión de licenzas)f) que queremos o noso tipo de vila, non o que nos impoñan. De novo vense no plan unha tipoloxía de defectos que se apreciou xa na exposición pública do PXOM, como a falta de definición de futuro, a inflacción de literatura de situación e superflua a efectos práticos ou a falta de seriedade nos propios plantexamentos.
sábado, 17 de enero de 2009
NOTA DE PRENSA