(
BNG Eleccions Xerais 2004)
O deterioro da situación laboral na Galiza exixe a adopción de medidas encamiñadas a estimular a creación de emprego, vinculándoas ao incremento da capacidade produtiva dos sectores económicos do país, que ademais se caractericen pola súa contribución á creación dun emprego digno e estábel: Mudar o réxime das relacións laborais, retomando unha regulación máis equitativa a fin de asegurar que a contratación indefinida sexa a regra xeral, que se reduzan as modalidades de contratación temporal e que se supriman os contratos laborais en precario. Proporemos, asemade, que os contratos a tempo parcial de duración superior a dous terzos da xornada habitual sexan convertidos en contratos a tempo completo, e que se limite a flexibilidade na realización de horas complementares no traballo a tempo parcial. Modificar a Lei de empresas de traballo temporal, para orientar a súa actividade exclusivamente á funcións moi especializadas ou non habituais nas empresas, en consonancia co que acontece no ámbito europeo.A revisión das políticas de fomento do emprego, concentrando as axudas á contratación de emprego en colectivos específicos con altas taxas de desemprego, e vinculando a súa financiación a fondos do Estado procedentes da recadación fiscal. Avanzar nun mellor reparto do tempo de traballo, como política creadora de emprego, incentivando a redución do horario semanal a 35 horas e limitando a realización de horas extraordinarias, cuxa retribución preferente será por medio de períodos de descanso equivalentes ao tempo extra traballado.Incremento progresivo do salario mínimo interprofesional, até o situar nun período de catro anos na contía media da Unión Europea. Ampliar a cobertura por prestación de desemprego, mellorando substancialmente os dereitos das persoas en desemprego, gravemente recortados polo Goberno: ampliación dos períodos de prestación contributiva por desemprego coa correlativa redución dos períodos traballados exixidos para ter dereito a subsidio; aumento das contías da base reguladora da prestación por desemprego no caso de parados ou paradas con responsabilidades familiares; tratamento equitativo na definición de rendas exentas a efectos da percepción do subsidio; adecuación das ofertas de emprego ao perfil formativo e profesional da persoa solicitante; extensión da protección por desemprego a todas as modalidades contractuais laborais; inclusión no ámbito da protección por desemprego dos individuos que realizaren traballos de investigación científica en institucións públicas ao abeiro de bolsas ou axudas; e restauración da obrigación de aboar salarios de tramitación na súa integridade nos supostos de despedimentos improcedentes.Someter a un maior control a subcontratación, especialmente no sector da construción, evitando a precarización das relacións laborais que leva aparellada, como aposta para fomentar a maior capacidade profesional dos traballadores e traballadoras, e o incremento da seguranza no traballo.Aplicación dun plano global de acción contra a sinistralidade laboral, que comprenda: a redución da temporalidade e o fomento do emprego estábel nos sectores que presentan maiores taxas de sinistralidade; a intensificación no control das actuacións das empresas e sectores que acumulan maior sinistralidade; a redución obrigatoria da xornada laboral nas actividades máis perigosas; o incremento das exixencias sobre condicións e lugares de traballo para garantir uns estándares óptimos de seguranza e saúde laboral; a implantación dun réxime de responsabilidade obxectiva da empresa titular do contrato principal nos casos de subcontratación para evitar a elusión de responsabilidades; o estabelecemento de mecanismos de promoción profesional para os traballadores e traballadoras que desenvolveren a súa actividade en ambientes prexudiciais para a saúde; o incremento dos recoñecementos periódicos para avaliar a saúde dos traballadores e traballadoras; a posibilidade de acceso voluntario á incapacidade permanente derivada de enfermidade profesional para aqueles traballadores e traballadoras que desenvolveran actividades penosas ou perigosas; e a posta en marcha de Planos específicos de actuación para paliar a sinistralidade no mar e no agro.Potenciar a negociación colectiva a nivel da Comunidade Autónoma, evitando a centralización das unidades de negociación, e, así mesmo, atribuír a lexitimación para negociar nos grupos de empresa aos sindicatos máis representativos a nivel autonómico.Promover a recuperación de poder adquisitivo dos traballadores e traballadoras, co apoio explícito ás subas salariais anuais equivalentes ou superiores ao IPC, fuxindo da política de contención salarial. A mellora global nas condicións de traballo dos empregados públicos, coa adopción das seguintes medidas: a compensación da perda de poder adquisitivo por medio de incrementos anuais superiores ao IPC coa correspondente dotación orzamentaria; o estabelecemento de cláusula de revisión salarial aplicábel de xeito automático nos anos de desviación do IPC; a actualización de conceptos retributivos (incremento das pagas extraordinarias, integración dos complementos específicos no soldo base, unificación do concepto de antigüidade, transformación da produtividade nun complemento salarial obxectivo); a consolidación do emprego estábel nas Administracións Públicas; a eliminación das limitacións á reposición de efectivos; a derrogación da normativa sobre mobilidade forzosa; e a negociación obrigatoria cos representantes dos empregados públicos da fixación sobre as retribucións anuais.A transferencia da xestión íntegra da formación continua a Galiza, efectuando a territorialización completa das partidas que integran os fondos procedentes da cota de formación profesional dos traballadores e traballadoras en activo, por medio de criterios obxectivos de reparto.www.elpais.com/comunes/2004/elecciones2004/programas/bng_programa
DISCRIMINADOS:
Precariedad, jornadas excesivas, sueldos por debajo del señalado como umbral de la pobreza, perdida del poder adquisitivo de la gran mayoría, desigualdad y en cuanto a la negociación obligatoria y en este caso más que obligatoria cuando el mismo que nos gobierna ya la instaba en el 2004 y ahora desoye las voces de quienes están pidiendo justicia. En cuanto al sueldo minimo europeo Irlanda duplica la media salarial y se coloca en los 1.006 euros mensuales. Solo hay tres países europeos donde dicho sueldo mínimo aún permanece por debajo del millar de euros (España, Portugal y Grecia)